martes, 27 de septiembre de 2011

OS CASTROS.



Praia situada a 6 km do concello de Ribadeo. Está formada por un amplo areal branco que queda recuberto pola marea cando esta sube.
Non é unha praia perigosa pero, nos días de temporal, é un deleite observar a bravura do mar dende o seu mirador.
É unha das praias máis antigas da mariña, leva recollendo xente dente os anos 50.


http://www.ribadeo.org/actualidade/nova.php?id=211&lg=gal

Foi declarada "Bandeira Azul" no ano 2009 pola súa limpeza.
(No enlace de enriba podedes ler un artigo das "novas de Ribadeo" que fala sobre o tema) 

viernes, 23 de septiembre de 2011

AS CATEDRAIS.

Declarada Monumento Natural pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.






Está situada no concello de Ribadeo (parroquida da Devesa) .
Nos seus oríxenes, o nome real era Praia das Augas Santas pero isto foi modificado co paso do tempo.
O seu nome actual é debido aos preciosos cortes dos seus acantilados que só se poden apreciar adecuandamente durante a marea baixa.
Durante a marea alta non é unha praia adeucada para o baño xa que dende fai moitos anos está adicada só ao turismo. Todos os anos e, sobre todo no verán, a praia das Catedrais é visitada por miles de persoas que quedan abraiadas pola fermosura dos seus acantilados e a cristalinidade das súas augas.

Recomendolle a todo o mundo que a visite, non ten desperdicio.

miércoles, 21 de septiembre de 2011

ESTEIRO.

O profesor de TIC propúxonos creas un blog como actividade para a 1º evaliación e nel falareivos sobre as preciosas praias que ten a Mariña e, en especial,  as de Ribadeo.


   


Praia en A Devesa. (Ribadeo) 

Esta praia ten 578 metros de lonxitude. Polo xeral o nivel de ocupación da playa Esteiro é alto.
É unha praia composta por area branca e rochas. Está habilitada con acceso  para minusválidos, señales de salvamento e teléfono público.
Sen dúbida unha das praias máis fermosas do concello.